3342-Horreo no Pazo do Allo en Zas (Coruña) : 無料・フリー素材/写真
3342-Horreo no Pazo do Allo en Zas (Coruña) / jl.cernadas
| ライセンス | クリエイティブ・コモンズ 表示 2.1 |
|---|---|
| 説明 | Un hórreo é unha construción destinada a gardar e conservar os alimentos afastados da humidade e dos animais para mantelos nun estado óptimo para o seu consumo.Caracterízase por manterse sobreelevado sobre pés, co fin de evitar a entrada de humidade e animais dende o chan e por permitir a ventilación a través de rañuras nas paredes perimétricas.O antropólogo polaco Eugeniusz Frankowsky, en 1918, rexistra o uso de celeiros aéreos na Península Ibérica, rexión dos Alpes, península escandinava, área dos Balcáns, África subsahariana, Persia, sueste asiático, Xapón, península de Kamchatka e área do estreito de Bering, empregados para a conservación do cereal. A especificidade do hórreo como tipoloxía reside na súa ligazón co cultivo do millo e á súa maduración e secado en zonas de clima atlántico. O uso do hórreo está estendido por boa parte do norte da Península Ibérica, con especial abundancia na rexión costeira noroeste, en áreas nas que a pronta chegada dun inverno longo, frío e húmido obriga a facer colleitas temperás.A primeira referencia documentada da existencia de hórreos no actual territorio español atópase nun documento do ano 800 relativo á fundación do mosteiro de Taranco, no Val de Mena, na actual provincia de Burgos. Tal documento rexistra doazóns de gando, terras e edificios, entre eles "hedificavimus ibi domicilia, cellarios, orreos, torcularibus, cortinis, ortos, molinis, manzanares, vineis Gonzalo de Berceo, no século XII, evocando un milagre de San Millán de la Cogolla, fala duns artesáns que constrúen un hórreo de madeira.Haberá que agardar ata o século XIII para atopar a primeira representación gráfica dun hórreo, concretamente no Códice Rico ou Códice T-1-1 da biblioteca do mosteiro de San Lorenzo de El Escorial, que contén as Cantigas de Santa María, atribuídas a Afonso X o Sabio. A cantiga que leva o número CLXXXVII está adornada cunha miniatura (lámina 203, miniatura 1.262) que representa dous hórreos góticos con porta en arco de ferradura no penal, e a lenda do milagre da Virxe.A consolidación do hórreo como tipoloxía producirase a partir dos cambios producidos pola introdución do cultivo do millo no século XVII, que desprazará o paínzo como alimento primario das clases populares, sobre todo en Galicia e Asturias. Os celeiros aéreos existentes maniféstanse capaces de asumir a conservación do novo cereal, necesitado de ventilación e secura para ser apto para a moenda.O hórreo foi unha construción auxiliar indispensable na vida campesiña do norte húmido peninsular, e en pleno uso ata a chegada da crise do sistema agrario tradicional. A súa boa adecuación a unhas necesidades climáticas moi específicas fixo que fose adoptado en áreas moi diferentes do norte húmido, con certas adaptacións formais segundo as zonas.Deste xeito, aínda que baixo diferentes denominacións e tipoloxías, atopamos hórreos en Galicia, norte de Portugal, Asturias, provincia de León, Cantabria, País Vasco e Navarra. Estímase que se conservan en Galicia 30.000 hórreos, 10.000 en Asturias, 400 en León, 32 en Cantabria, 23 en Navarra e cantidades case testemuñais no País Vasco, alén dun número indeterminado de espigueiros en Portuga.Hórreo galego.O uso do hórreo esténdese por toda Galicia, coa soa excepción dalgunhas zonas do sueste raiano. Tamén se emprega, sen grandes variacións formais, no occidente asturiano e na rexión portuguesa do Minho, onde é chamado espigueiro, canastro ou caniço. En Galicia recibe diferentes nomes segundo a zona: hórreo ou hórrio no centro-norte, cabazo no noroeste da Coruña, cabozo no norte de Lugo, canastro na zona sur, máis raramente canasto, cabaceiro entre o centro e o nordeste de Ourense, igual na mesma dirección en Lugo, pero mesturado con formas máis pechadas (cabeceiro, cabeceira, cabaceira), canizo entre a ría de Vigo e o río Miño, piorno no Salnés, cabana máis no interior, paneira no Morrazo, orno ou órneo no cabo do Morrazo, hórreo ou horro os de tipo asturiano no este de Lugo; Algún dos hórreos galegos é Monumento Histórico-Artístico, como o da reitoral de Santa Comba de Carnota, construído en 1768, ou a agrupación de hórreos de Combarro.HórreoNa Galipedia, a Wikipedia en galego. |
| 撮影日 | 2013-07-25 12:04:36 |
| 撮影者 | jl.cernadas , Coruña, España |
| タグ | |
| 撮影地 | Allo, Galicia, España 地図 |
| カメラ | COOLPIX P510 , NIKON |
| 露出 | 0.008 sec (1/125) |
| 開放F値 | f/4.3 |
| 焦点距離 | 24 mm |

