2921-A Guarda (Pontevedra) : 無料・フリー素材/写真
2921-A Guarda (Pontevedra) / jl.cernadas
| ライセンス | クリエイティブ・コモンズ 表示 2.1 |
|---|---|
| 説明 | A GuardaNa Galipediaa Wikipedia en galego.A Guarda é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. Sitúase no suroeste de Galiza, onde desemboca o río Miño. Segundo o IGE no ano 2010 tiña 10.472 habitantes (5.102 homes e 5.370 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é guardés.Os restos humanos máis antigos datan de hai uns 12.000 anos, atopados nas distintas terrazas do val do río Miño. Os grupúsculos de homes primitivos formaron o que se coñece como Cultura Camposanquiense, dado que foron atopados na parroquia de Camposancos, na ladeira do monte de Santa Trega.Na idade de ferro (primeiro milenio antes da nosa era) tivo lugar a cultura castrexa. Esta foi a etapa de maior esplendor, como se deduce do gran número de castros do lugar, destacando os da Forca, A Bandeira ou Santa Trega. Este último, datado entre os séculos I a.C. e I, situado nas proximidades do cumio do monte, supón unha das mostras máis significativas da cultura Galaico-Romana de Galiza.A cultura castrexa foi desaparecendo coa crecente romanización. Os poboadores foron abandonando os castros e comezando a asentarse nos vales para poder cultivar a terra. Da época romana existen restos no lugar de Saa, no Castro e en Pintán.A partir do século XII A Guarda estivo baixo a protección dos monxes cistercienses emprazados en Oia. Nestas datas é cando se menciona por vez primeira o nome da Guarda nun documento, concretamente no ano 1195. Nos seus documentos fálase da próspera vida comercial que tiña a localidade. Nesa época fíxose un trazado urbanístico similar ó doutras vilas mariñeiras galegas, como Baiona ou Noia, con murallas en forma de triánguloO século XVII foi crucial para a historia da Guarda, debido ás presións belixerantes derivadas da Guerra dos Trinta Anos. Construíuse o Castelo de Santa Cruz, unha praza militar conquistada polos portugueses en 1665. Con esta vitoria, A Guarda pertenceu ó Reino de Portugal durante tres anos. Daquel tempo é tamén unha pequena fortaleza situada nun pequeno illote na boca do porto, que recibía o nome de Atalaia, elemento protagonista do escudo do concello.Durante o século XIX houbo un forte descenso de poboación provocado pola emigración cara a América, especialmente a Porto Rico. |
| 撮影日 | 2012-10-12 15:48:09 |
| 撮影者 | jl.cernadas , Coruña, España |
| タグ | |
| 撮影地 | La Guardia, Galicia, España 地図 |
| カメラ | COOLPIX P510 , NIKON |
| 露出 | 0.001 sec (1/1250) |
| 開放F値 | f/5.3 |

