17 : 無料・フリー素材/写真
17 / PONTE...NAS ONDAS!
ライセンス | クリエイティブ・コモンズ 表示 2.1 |
---|---|
説明 | Nome: Anxo del Río Enjo Escola: IES Arcebispo Xelmírez II Texto:A fotografía amosa a miña avoa Carmen de moza, con 18 anos, cortando na herba coa gadaña, no ano 1968. Chama a atención a vestimenta, con saia curta e catiúscas. Esta foto non sería tan especial se non reflexase a vida da miña avoa como un claro exemplo da dificultade que tiñan os mozos da aldea para estudar. A maioría das familias do rural posuían terras pero non dispoñían de recursos económicos, polo que a filla maior tiña a obriga de axudar nos labores da casa e do campo. Malia as trabas que lle poñían, a miña avoa ía ser mestra, si ou si. Para poder sacar adiante os estudos ela soa, por libre, levantábase cedo para alimentar as vacas no prado, axudaba nos traballos cotiáns dunha casa de labregos e, cando xa tiña as faenas rematadas, estudaba enriba da artesa ate quedar durmida, baixo a tenue luz dunha vella lámpada. |
撮影日 | 2021-06-16 04:23:58 |
撮影者 | PONTE...NAS ONDAS! |
撮影地 |