商用無料の写真検索さん
           


1674- frente a Igrexa de Santiago (Betanzos) : 無料・フリー素材/写真

1674- frente a Igrexa de Santiago (Betanzos) / jl.cernadas
このタグをブログ記事に貼り付けてください。
トリミング(切り除き):
使用画像:     注:元画像によっては、全ての大きさが同じ場合があります。
サイズ:横      位置:上から 左から 写真をドラッグしても調整できます。
あなたのブログで、ぜひこのサービスを紹介してください!(^^
1674- frente a Igrexa de Santiago (Betanzos)

QRコード

ライセンスクリエイティブ・コモンズ 表示 2.1
説明BetanzosNa Galipedia, a Wikipedia en galego.Betanzos é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Betanzos. Segundo o INE no ano 2007 tiña 13.328 habitantes (13.165 no 2006, 13.059 no 2005, 12.990 no 2004, 12.822 no 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Betanceiro - Brigantino ou garelo.Betanzos padeceu as incursións normandas ao mando de Horrich e posteriormente do propio rei Olaf en 1015. En 1219 a poboación trasladouse da súa antiga ubicación (San Martiño de Tiobre, coñecido como Betanzos O Vello) á súa localización actual, sobre o antigo castro de Untia, onde houbo unha encomenda templaria onde actualmente se levanta o mosteiro de San Francisco.Betanzos xogou un papel central na Grande Guerra Irmandiña. Líderes da Irmandade como Alonso de Lanzós ou Joan Branco foron naturais da cidade. Precisamente, en 1465 Henrique IV concedeu á poboación o título de cidade, e en 1467 permitiulle a celebración dunha feria franca anual grazas á mediación de Joan Branco. Grazas a este capitán irmandiño a cidade de Betanzos recuperou o seu voto nas Cortes.Anos máis tarde, na reorganización territorial dos seus reinos, os Reis Católicos dividiron a antiga provincia de Betanzos en dúas, creando a de A Coruña e mantendo a Betanzos como capital de provincia, na que foi a época de maior esplendor da cidade. Porén, tras unha serie de incendios xerais e malas colleitas chegou unha decadencia, agravada en 1834 coa nova división administrativa de Javier de Burgos, que integrou a antiga provincia de Betanzos na da Coruña.Unha serie de pragas da vide contribuíu á decadencia da cidade a cabalo entre os séculos XIX e XX. Revitalizada coa chegada do ferrocarril a principios do século XX, na actualidade Betanzos continúa sendo un importante núcleo turístico, comercial e administrativo. Desde 1970 o casco antigo está declarado Conxunto Histórico-ArtísticoMonumentos:Igrexa de Santiago, s. XI, reedificada no s. XIV. Igrexa de San Francisco, s. XIV. Igrexa de Santa María, s. XIV. Murallas da cidade, s. XV, coas portas oxivais da Ponte Vella, Ponte Nova, RIbeira e Hórreo. Pazo de Bendaña, s. XV Casas góticas da Rúa da Cerca, dos s. XV (número 5) e XVI (número 9). Torre Municipal, ou "do Relozo", s. XVI Convento das Nais Agustinas, antigo Hospital Real, s. XVI Santuario da Nosa Señora dos Remedios, s. XVI, obra de Juan de Herrera. Pazo de Lanzós, s. XVII Igrexa e Convento de Santo Domingo, s. XVII. Da torre colga o Globo de San Roque. Casa Consistorial, s. XVIII Edificio do Arquivo, ou "Liceo", s. XVIII, levantado para o Arquivo do Reino de Galicia. Pazo dos condes de Taboada, s. XIX. Casas e palacetes modernistas: Casa Núñez, Casa Pita, Casa Limiñón, Casa do Pobo, s. XIX-XX. Palco da Música, s. XX, desde onde Manuel Lugrís Freire en 1907 pronunciou o primeiro discurso público integramente en lingua galega. Legado dos irmáns García Naveira na cidade, s.XIX-XX e cargado do modernismo da época: Casa do Pobo, Lavadoiro Público, Escolas de San Francisco, Escolas e Asilo García Naveira, Refuxio, Sanatorio San Miguel, e o parque do Pasatempo. MuseosMuseo das Mariñas: museo etnográfico e histórico fundado en 1982. Destacan a súa colección de escultura medieval, a sala do Apostolado de Rubens, e a sección do traxe galego. Museo da Estampa Contemporánea: ubicado na sede da Fundación CIEC, recolle obras de artistas tan destacados como Pablo Picasso, Amadeo Gabino, Luís Seoane ou Jesús Núñez. Festas e celebraciónsRomaría dos Caneiros Festas de San Roque de Betanzos, que inclúen o Lanzamento do Globo e a Romaría dos Caneiros. Feira Franca Medieval Concurso Bienal de Balconadas Festa do Viño de Betanzos Festa dos Alborotados Festa da tortilla Anque che son das Mariñas,/ das Mariñas de Betanzos,/ anque che son das Mariñas/ non che vendo garabanzos.
撮影日2010-04-18 15:21:10
撮影者jl.cernadas , Coruña, España
タグ
撮影地Betanzos, Galicia, España 地図
カメラPro 815 , SAMSUNG TECHWIN
露出0.008 sec (1/125)
開放F値f/5.0
焦点距離6652 dpi


(C)名入れギフト.com