4650-Torre dos Andrade. : 無料・フリー素材/写真
4650-Torre dos Andrade. / jl.cernadas
| ライセンス | クリエイティブ・コモンズ 表示 2.1 |
|---|---|
| 説明 | O torreón dos Andrade é o conservado na actualidade do pazo que os Andrade tiñan na vila de Pontedeume e que foi demolido no ano 1935, a pesar de ter sido declarado Monumento Histórico-Artístico con anterioridade. O Torreón é obra do século XIV e foi mandado facer por Fernán Pérez de Andrade, O Boo.A historia desta fortaleza vai unida á da vila de Pontedeume, que comeza no nadal de 1270 cando Afonso X O Sabio concedeulle o título de Vila ao lugar coñecido como Ponte do Eume. Esta comunidade tería goberno autónomo e sería de reguengo, dependendo deste xeito só da autoridade do rei.No século XIV Henrique II de Trastámara outorgoulle o señorío da vila de Pontedeume a Fernán Pérez de Andrade, O Boo en pago ao seu apoio na guerra civil contra Pedro I O Cruel. Este primeiro señor de Pontedeume foi quen mandou construír o torreón, probablemente no mesmo lugar onde se erixía outro máis antigo, quizais mandado construír por Afonso X cando lle outorgou o título de vila ó lugar. Sábese que existía no 1295.Durante as revoltas irmandiñas as posesións dos Andrade foron obxectivos principais. Nun primeiro momento a defensa da fornecida vila fixo fracasar o ataque, pero unha segunda tentativa dirixida por Alonso de Lanzós conseguiu apoderarse do castelo e da vila e mantelos no seu poder durante certo tempo.A mediados do século XVI unha herdeira dos Andrade casou co Conde de Lemos, Fernando Ruíz de Castro Osorio e Portugal. Na figura do seu fillo, Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal (1524-1590) fusiónanse ambos condados. A posterior unión do Condado de Lemos coa Casa de Alba fixo que o Torreón pasase a formar parte do patrimonio do Ducado de Alba.Un enorme escudo do século XVI que estaba inicialmente na fachada do Pazo dos Andrade, incrustouse na fachada meridional do torreón cando foi derrubado aquel. Rodéao un colar do que pendura o toisón e está orlado coas 18 bandeiras que representan ás que Fernando de Andrade, primeiro conde de Andrade, gañara ós franceses na batalla de Seminara. Cada bandeira ten no seu centro unha flor de lis, divisa dos reis de Francia. Na parte superior do escudo hai unha coroa condal e riba dela un anxo termando dun filacterio no que se len as palabras da Apocalipse: nolite nocere.Na actualidade o interior do torreón foi obxecto de profundas reformas para adecualo ao seu uso actual, o de servir de Centro de Interpretación da historia dos Andrade, como oficina de turismo e sala de exposicións.gl.wikipedia.org/wiki/Torreón_dos_Andrade |
| 撮影日 | 2014-07-13 18:03:32 |
| 撮影者 | jl.cernadas , Coruña, España |
| 撮影地 | Pontedeume, Galicia, España 地図 |
| カメラ | COOLPIX P510 , NIKON |
| 露出 | 0.003 sec (1/400) |
| 開放F値 | f/3.9 |

